martes, 28 de julio de 2015

2ª adxudicación ordinaria a ciclos para o curso 2015-2016

Admisión: 2ª adxudicación ordinaria. Convocatoria 2015 -
Publicación das listaxes da convocatoria ordinaria de persoas con praza adxudicada nos ciclos formativos de formación profesional, no réxime ordinario e no réxime para as persoas adultas.

Réxime ordinario
prazo de matricula ou renuncia do alumnado admitido en cada ciclo formativo abrangue desde o martes 28 de xullo ata as 13:00 horas do xoves 30 de xullo de 2015. A matrícula deberase realizar no centro educativo da praza adxudicada.
A renuncia, a unha praza adxudicada para permanecer en listaxe de espera doutras de mellor preferencia, poderase presentar en calquera centro de Galicia con oferta sostida con fondos públicos de ciclos formativos de Formación Profesional.
  • Listaxes de persoas con praza adxudicada
  • Listaxes de espera
(As listaxes de espera do réxime ordinario só están activas durante o período de matriculación da adxudicación)

Réxime para as persoas adultas
prazo de matricula do alumnado admitido nos módulos profesionais dun ciclo formativo abrangue desde o martes 28 de xullo ata as 13:00 horas do xoves 30 de xullo de 2015.  
Para as persoas con praza adxudicada namodalidade a distancia, poderase facer reserva de matrícula vía web. Pódense consultar as instrucións para este procedemento no menú "Servizos en liña" de "Ven a FP".
No réxime para as persoas adultas, non é necesario presentar renuncia naqueles módulos profesionais nos que a persoa estea admitida e non se desexe matricular.
Modalidade presencial
  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera
  
Modalidade distancia
  • Listaxes de persoas con praza adxudicada e en listaxe de espera

viernes, 10 de julio de 2015

Resolución das reclamacións

Resolución das reclamacións presentadas ás listaxes provisionais de solicitudes de admisión a ciclos formativos.
As listaxes definitivas de solicitantes e as listaxes da primeira adxudicación publícanse o día 17 de xullo.

martes, 7 de julio de 2015

jueves, 2 de julio de 2015

Calendario dos exames de setembro

Dispoñible o calendario de exames da convocatoria extraordinaria de setembro para bacharelato e formación profesional básica.