domingo, 21 de junio de 2015

Magníficos resultados do IES Leixa nas PAU 2015

CiuG
Magníficos resultados nas PAU 2015: Un 95% de aprobados/as.
Noraboa a todos/as os estudantes de bacharelato do IES Leixa.

Orlas

Orlas



jueves, 18 de junio de 2015

O Conselleiro de Cultura e Educación visita o IES Leixa

Román Rodríguez participou no acto de presentación dun conto escrito por un neno do CEEPR Aspanaes e posteriormente encadernado polos estudantes de FP Básica de Artes Gráficas do instituto ferrolán
Trátase dunha mostra máis das liñas de colaboración habitual entre ambos os dous centros orientada a potenciar o desenvolvemento autónomo das persoas con Trastorno do Espectro Autista
O conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria participou hoxe no acto de presentación no IES Leixa do conto “Ricardo´s Mansion”, un libro escrito por un alumno do CEEPR (Centro Privado de Educación Especial) Aspanaes e posteriormente maquetado, impreso e encadernado polo alumnado de FP Básica de Artes Gráficas do instituto ferrolán. Tras entregar o conto ao seu autor, Román Rodríguez gabou iniciativas como esta, ao subliñar que afondan nunha “escola inclusiva” ao mesmo tempo que serven para que os estudantes poñan en práctica os coñecementos adquiridos.
Este traballo conxunto, no que se integran as diferentes capacidades para acadar un proxecto común, non é unha colaboración illada, senón que xa son habituais as liñas de cooperación entre ambos os centros, nas que se engloban os departamentos de Artes Gráficas, Sanidade e Servizos Socioculturais e á Comunidade do IES Leixa.
Neste caso, foi o alumnado de FP Básica de Artes Gráficas quen axudou a converter en realidade a idea do alumno Ricardo Pérez Montero, un libro “froito do traballo, a confianza e a ilusión compartida”, segundo sinalou o responsable do departamento educativo da Xunta de Galicia, quen tamén felicitou a todos os rapaces e rapazas participantes, así como aos dous centros.
A través deste tipo de iniciativas, os estudantes de Formación Profesional implicados coñecen de preto a realidade laboral que deberán afrontar no futuro e, ao mesmo tempo, poténciase o desenvolvemento autónomo e o autocontrol emocional das persoas con Trastorno do Espectro Autista. 
Neste sentido, o conselleiro destacou o compromiso de docentes, familias e alumnos co ensino inclusivo, en liña co que leva promovendo a Consellería de Cultura e Educación nestes últimos anos. Neste contexto enmárcase o Decreto 229/2011 de atención á diversidade de alumnado, posto en marcha co obxectivo de previr e detectar de maneira temperá as dificultades de aprendizaxe.
Ao acto de presentación do conto tamén asistiron, a maiores da comunidade educativa dos dous centros, o director xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa, Manuel Corredoira, e o xefe territorial da Consellería, Indalecio Cabana.
Ciclo novidoso
Por outro lado, cómpre recordar que a oferta en Formación Profesional –publicada na súa totalidade este martes no Diario Oficial de Galicia– amplíase neste instituto, no que para o curso que vén se implantará un ciclo superior de Hixiene bucodental (en réxime ordinario e modalidade presencial) e un ciclo medio, no réxime modular para persoas adultas (modalidade presencial), de Preimpresión dixital.   
[Novas da Consellería]

Presentación de libro

O día 18 de xuño presentouse no salón de actos o libro Ricardo's Mansion, escrito polo estudante de ASPANAES Ricardo Pérez e editado, impreso e encadernado polos estudantes do ciclo de formación profesional básica de Artes Gráficas do IES Leixa.
No acto estiveron presentes o Conselleiro de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria, Román Rodríguez, o Director Xeral de Formación Profesional, Manuel Corredoira, e diversas autoridades educativas ademais da directora de ASPANAES, docentes, pais, nais e alumnos.


miércoles, 17 de junio de 2015

Actualización da app do IES Leixa

Dispoñible en Google Play unha nova actualización da app do IES Leixa para dispositivos android coa oferta educativa actualizada.
Esta app permite manterse informado/a en tempo real xa que dispón de varias fontes RSS tanto do instituto como da Xunta e da Consellería de Educación, ademais do BOE e o DOG. Todas as novidades que publiquen estas institucións están dispoñibles de forma automática na app.
Pode descargarse co seguinte código QR.

martes, 16 de junio de 2015

Nova oferta educativa no IES Leixa

A Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria aprobou unha nova oferta educativa para o IES Leixa:
  • Déixase de impartir o primeiro curso do ciclo superior de Dietética.
  • Ofértase o novo ciclo superior LOE de Hixiene bucodental.
  • Ofértase o novo ciclo medio LOE de Impresión gráfica en substitución do ciclo medio LOXSE de Impresión en artes gráficas.
  • Ofértase o novo ciclo superior LOE de Deseño e edición de publicacións impresas e multimedia en substitución do ciclo superior LOXSE de Deseño e produción editorial.
  • Ofértase o novo ciclo superior LOE de Laboratorio clínico e biomédico en substitución do ciclo superior de Laboratorio de diagnóstico clínico
  • Ofértanse módulos do ciclo medio LOE Preimpresión dixital polo réxime das persoas adultas na modalidade modular parcial.
O resto da oferta segue como estaba, é dicir:
  • Formación profesional básica de artes gráficas.
  • Ciclo medio de Preimpresión dixital.
  • Ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría.
  • Ciclo medio de Farmacia e parafarmacia.
  • Ciclo medio de Emerxencias sanitarias polo réxime de adultos.
  • Ciclo medio de Atención a persoas en situación de dependencia.

Normativa:
 

lunes, 15 de junio de 2015

Documentación e información de admisión a ciclos

Documentación e información sobre admisión a ciclos 2015-2016
Outra documentación.



Proceso de admisión a ciclos formativos para el curso 2015-2016

Información do proceso de admisión a ciclos formativos. Curso 2015-2016 -
Actualizada a información relativa ao proceso de admisión a ciclos formativos para o curso 2015-2016
 Información xeral de admisión
Admisión grao medio
Admisión grao superior

O prazo de presentación de solicitudes abrangue desde o 17 de xuño ata o 2 de xullo ás 13.00 horas.

Pódense consultar os itinerarios formativos recomendados para cursar as ensinanzas de formación profesional polo réxime de persoas adultas na seguinte ligazón:
Itinerarios formativos réxime persoas adultas


domingo, 14 de junio de 2015

FlashMob do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia

Xa está dispoñible o vídeo que fixo o alumnado de segundo curso do ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia. Mobilizaron ao CAMF e a ASPANAES e contaron coa axuda da Asociación de persoas xordas de Ferrol para gravar este vídeo.



sábado, 13 de junio de 2015

Encadernación dun libro dun estudante de ASPANAES

Estudantes de formación profesional básica realizan a encadernación dun libro escrito por un estudante de ASPANAES que se presentará no IES Leixa o día 18.06.2015 en presenza de representantes da Administración, ASPANAES, CFR, docentes, estudantes e familias.


viernes, 12 de junio de 2015

Cualificacións das probas libres de ciclos LOE

Primeira parte da proba:
  • Emerxencias sanitarias:

MAN
LOX
DOT
ASI
PSI
TEL
ANA
FOL
ASE
EVA
PLA
EMP
*2**5**5V
-
-
-
-
-
-
4
4
-
-
-
-
*2**6**6R
-
3
-
3
4
4
-
-
-
-
3
-

  • Atención a persoas en situación de dependencia:

CAR
PSI
ADO
ASA
FOL
PAU
ORG
DES
COM
HIX
EMP
TAS
*1**9**5V
-
-
2
1
-
-
-
-
-
2
-
-
Por protección de datos, indícanse só algúns dos números do DNI.

Os/as estudantes que non chegan a unha cualificación de 5 non se poden presentar á segunda parte da proba.


jueves, 11 de junio de 2015

Taller de partos

Estudantes do ciclo medio de Emerxencias Sanitarias participaron nun taller de partos para aprender como enfrontarse a esta situación en medios extrahospitalarios, utilizando o simulador que se adquiriu este curso no instituto.



martes, 9 de junio de 2015

Charla de primeiros auxilios

Os profesores Francisco José Teijido López e Montserrat Chao Millor imparten unha charla de primeiros auxilios aos estudantes de 2º da ESO do IES As Mariñas (Betanzos).


sábado, 6 de junio de 2015

Premios de fotografía

Estudantes do ciclo superior de Deseño e produción editorial "arrasan" no Concurso de Fotografía Retocada Dolce Vita Odeón.
  • Na categoría artística, Sabela Docampo Pita conseguiu o segundo premio e Noelia Freire Couce conseguiu o terceiro premio.
  • Na categoría humorística, Roi Sóñara gañou o primeiro e o segundo premio.


jueves, 4 de junio de 2015

Notificación sobre as probas libres de ciclos LOE

Celebrada a xornada de acollida para as probas de ciclos LOE prevista no punto 2 do artigo 22 da Orde de 5 de abril de 2013, en aplicación do establecido no punto 1 da disposición adicional segunda da citada Orde sobre baixas de oficio polo que causarán baixa de oficio as persoas que non asistan inxustificadamente a dita xornada, tendo en conta o contido no regulamento interno de centro; á vista das xustificacións presentadas e que ningunha delas se corresponde coas faltas xustificadas contempladas no regulamento de réxime interno do IES Leixa, a comisión de avaliación ,

ACORDOU:

Non aceptar ningunha das xustificacións presentadas e proceder á baixa de oficio das persoas que non asistiron á xornada de acollida celebrada o día 3 de xuño.
O que se comunica aos efectos oportunos.
Dita comunicación será realizada por escrito ás persoas causantes da mesma.

- - -
Ver as páxinas 9 e 10 da Guía do estudante sobre faltas de asistencia.

Viaxe a Asturias

Os pasados días 20 e 21 de maio, estudantes dos ciclos medios de Artes Gráficas, acompañados polos profesores Ana Bobadilla, Martín Alamancos e Fran Palos, fixeron unha viaxe a Asturias onde visitaron empresas do sector das Artes Gráficas en Xixón e Oviedo.

martes, 2 de junio de 2015

Taller de primeiros auxilios

Os docentes Francisco Teijido, Verónica García e Montse Chao desprazáronse a Betanzos onde impartiron un taller de primeiros auxilios básicos aos estudantes de 1º da ESO do IES As Mariñas.
Conceptos elementais sobre a conduta PAS, o funcionamento do 112, a RCP ou a manobra de Heimlich foron os temas tratados e sobre cada un deles fixeron actividades.