domingo, 31 de mayo de 2015

Probas de acceso a ciclos de grao superior. Cualificacións definitivas

Publicada a listaxe definitiva das cualificacións das probas de acceso aos ciclos formativos de grao superior.
Listaxe definitiva
A partir do día 1 de xuño poderanse solicitar os certificados da proba de acceso en calquera dos centros de inscrición (centros docentes públicos da Consellería de Cultura, Educación e Ordenación Universitaria que impartan ciclos formativos de formación profesional no curso académico 2014-2015).


viernes, 29 de mayo de 2015

Taller con ASPANAES

Dentro do Proxecto ASPANAES que desenvolve o IES Leixa con ASPANAES, alumnos/as do colexio da Asociación visitaron o noso instituto onde participaron nun taller de hixiene bucodental e de medición de constantes como modelo de sensibilización destes rapaces para cando se teñan que enfrontar, na vida real, a situacións sociosanitarias que poden provocarlles tensión e ansiedade.

Charla de TES Galicia

Técnicos en Emerxencias Sanitarias da Asociación de Técnicos de Emerxencias Sanitarias e Xestores de Emerxencias de Galicia (TES Galicia) impartiron unha charla sobre as funcións dos TES en situacións de emerxencia, dirixa aos estudantes e docentes do ciclo de Emerxencias Sanitarias.

miércoles, 27 de mayo de 2015

Taller de hixiene bucodental

Estudantes do ciclo superior de Dietética participaron nun taller de hixiene bucodental organizado pola profesora Suseta Torres.

martes, 26 de mayo de 2015

Campaña de alimentación saudable

Docentes do IES Leixa desprazáronse ao IES As Mariñas de Betanzos onde tivo lugar a segunda xornada de alimentación saudable para estudantes da ESO.

Campaña de alimentación saudable

Estudantes dos PCPI de Ferrolterra, integrados polos centros IES de Catabois, IES Ferrol Vello, IES de Canido, IES Fernando Esquío, IES de Fene e CPI do Feal, acudiron ao centro onde participaron en dous talleres de alimentación saudable nos que se lles explicaron as bases da alimentación saudable e despois organizouse con eles, e os seus profesores/as, un concurso de almorzo saudable onde un xurado de docentes do IES Leixa elixiu o mellor almorzo, dando ao equipo gañador un certificado.

Despedida dos estudantes de 2º de bacharelato

A directora e a vicedirectora do instituto, acompañadas polo profesorado de bacharelato, despediron aos estudantes de 2º de bacharelato que remataron os estudos. Nun acto celebrado no salón de actos, recoñecéronse os mellores expedientes a Noel Soto Méndez, Alejandro Sueiras Fernández e Fernando López Salorio, que obtiveron a mención de Matrícula de Honra, e entregóuselle a cada alumno/a unha orla feita polos estudantes de Artes Gráficas. Posteriormente se fixo unha convivencia na cafetaría do instituto.

viernes, 22 de mayo de 2015

Probas de acceso a ciclos de grao medio

Listaxes definitivas de solititantes e exencións. Probas de acceso a ciclos de grao medio -
Publicadas a listaxe definitiva de solicitudes e a resolución definitiva de exencións para as probas de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2015.
Probas de acceso de grao medio. Sedes e instrucións para a súa realización. Convocatoria 2015 -
Publicadas instrucións e a asociación centro e sede para a realización da proba de acceso a ciclos formativos de grao medio na convocatoria ordinaria 2015.
Máis información sobre a convocatoria



jueves, 21 de mayo de 2015

Campaña de alimentación saudable

O día 20 de maio, estudantes do ciclo superior de Dietética impartiron un taller de alimentación saudable aos estudantes de formación profesional básica.


Xornada Técnica FOGA-Konica

O 18 de maio celebrouse unha xornada técnica FOGA-Konica impartida por Enrique Rodríguez, técnico especialista en equipos dixitais, dirixida a docentes e estudantes de Artes Gráficas. A xornada tratou asuntos como a equipación dixital para Artes Gráficas, os controladores e a xestión da cor.


martes, 19 de mayo de 2015

Taller de alimentación saudable

As profesoras Verónica García e Montse Chao imparten un taller de alimentación saudable dirixido aos estudantes de 1º da ESO do IES As Mariñas de Betanzos. 

viernes, 15 de mayo de 2015

Encontro Intercultural

Organizado polo departamento de Filosofía, acudiu ao instituto a auxiliar de conversa alemá Anne-María Bihan a compartir coñecementos sobre Alemaña cos estudantes de bacharelato.

jueves, 14 de mayo de 2015

Información sobre o trasplante de medula ósea

ASOTRAME, Asociación de trasplantados de medula ósea, imparte unha nova charla sobre esta técnica médica, neste caso dirixida aos estudantes de Emerxencias Sanitarias e de Coidados Auxiliares de Enfermaría.

Rotulación en inglés e francés

Os departamentos de Inglés e Francés, en colaboración co departamento de Artes Gráficas, rotularon diversos espazos do instituto en ambos os dous idiomas dando continuidade ao traballo iniciado no curso 2013-2014.

Doazón e trasplante

Estudantes dos ciclos medios de Coidados Auxiliares de Enfermaría, Farmacia e Parafarmacia e Atención a persoas en situación de dependencia participan nunha xornada informativa sobre doazón e trasplante. 

Hixiene das mans

Estudantes do ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría participan nun taller sobre hixiene das mans como medio de prevención de enfermidades nosocomiais impartidos por persoal da Residencia Sanitaria Arquitecto Marcide.

Campaña de alimentación saudable

Estudantes do ciclo superior de Dietética imparten unha charla e realizan un taller sobre alimentación saudable nas persoas maiores no Centro de Maiores de Vilalba.

miércoles, 13 de mayo de 2015

Terra de Homes

Os estudantes dos ciclos medios de Coidados Auxiliares de Enfermaría e de Farmacia e Parafarmacia participaron nunha charla organizada pola ONG Terra de Homes na que deron a coñecer as súas actividades.
O IES Leixa ten asinado un convenio de colaboración con Terra de Homes.

Letras galegas 2015

Na sala de actividades organizouse unha exposición en conmemoración do Día das Letras Galegas 2015 que conmemora a Xosé Fernando Filgueira Valverde.

Taller de alimentación saudable

Nenos e nenas da Escola Unitaria da Carreira visitaron o centro e participaron nun taller de alimentación saudable organizado polo alumnado do ciclo superior de Dietética.

Premio de deseño

A estudante do ciclo superior de Deseño e Produción Editorial, Sabela Docampo, resulta gañadora do concurso para o deseño do logotipo da Asociación de Jóvenes Empresarios (AJE).

Reclamacións as cualificacións de 2º de bacharelato

Reclamacións das cualificacións de 2º de bacharelato. Curso 2014/2015 -
Publicación da Circular nº 3/2015 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa pola que se desenvolve a Orde do 22 de abril de 2010, pola que se establece o procedemento que cómpre seguir nas reclamacións das cualificacións outorgadas no segundo curso do bacharelato establecido na Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, para o curso 2014/2015:
Reclamacións no centro. Prazos
  • Convocatoria ordinaria: 26 e 27 de maio de 2015 (ata as 14:00 horas).
  • Convocatoria extraordinaria: 3 e 4 de setembro de 2015 (ata as 14:00 horas).
Reclamacións ante a comisión de supervisión (Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e Innovación Educativa. Subdirección Xeral de Inspección, Avaliación e Calidade do Sistema Educativo). Prazos
  • Convocatoria ordinaria: antes das 18 horas do día 1 de xuño de 2015.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 19 horas do día 7 de setembro de 2015.
Recepción do expediente na comisión de supervisión. Prazos
  • Convocatoria ordinaria: antes das 14:00 horas do día 2 de xuño de 2015.
  • Convocatoria extraordinaria: antes das 14:00 horas do día 8 de setembro de 2015.

jueves, 7 de mayo de 2015

SpainSkills 2015

Estudantes galegos participan nos SpainSkills 2015. Os equipamentos de vestiario foron rotulados no IES Leixa por estudantes do ciclo superior de Deseño e Produción Editorial.
Aos campionatos tamén acudiu, como coordinador de titores/as, o profesor do IES Leixa José Antonio López Suárez.

SpainSkills

miércoles, 6 de mayo de 2015

Campaña de alimentación saudable

Dentro das campañas de Alimentación Saudable, os estudantes do ciclo de Dietética trasladáronse ao IES Punta Candieira, de Cedeira, a dar unha charla aos estudantes da ESO.

Actividades de sensibilización con ASPANAES

Estudantes do ciclo medio de Coidados Auxiliares de Enfermaría celebran unha sesión de hixiene bucodental cos estudantes de ASPANAES dentro da compaña de sensibilización dos nenos e nenas con trastorno do espectro autista.

martes, 5 de mayo de 2015

Charla sobre trasplante de medula ósea

A Asociación de Trasplantados de Medula Ósea ASOTRADE impartiu unha charla sobre trasplante de medula ósea dirixida aos estudantes dos ciclos de Dietética, Farmacia, Laboratorio e Atención a persoas en situación de dependencia.