lunes, 27 de abril de 2015

Presentación da app IES_Leixa para dispositivos android

O pasado 22 de abril, o xefe de estudos Francisco José Teijido López presentou a app para dispositivos android con información sobre o IES Leixa.


viernes, 24 de abril de 2015

Visita á central de coordinación de emerxencias 112

Estudantes do ciclo de Emerxencias sanitarias viaxan a Santiago onde ven as instalacións da Central de Coordinación de Emerxencias 112 así como o Museo de Historia Natural da Universidade de Santiago de Compostela.

viernes, 17 de abril de 2015

Curso de packaging

Docentes do IES Leixa, do CIFP Compostela (Santiago) e Colexio Calvo Sotelo (A Coruña) participan nun curso sobre packaging impartido por Francisco Rivas, director técnico de Lantero Embalaxe, como actividade formativa dentro do proxecto de formación do profesorado que están a celebrar os tres centros educativos nos que se imparten estudos de Artes Gráficas.

jueves, 16 de abril de 2015

Visita ás instalacións de ASPANAES

Estudantes e docentes dos ciclos de Coidados auxiliares de enfermaría e de Atención a persoas en situación de dependencia visitaron as instalacións de ASPANAES e conviviron cos nenos e nenas do seu colexio de educación especial.
Esta visita serve de preámbulo das actividades que se van a realizar cos nenos e nenas da asociación ASPANAES no IES Leixa ata final de curso.

Visita ao GRUPO CEDEIMAR

Os estudantes e docentes do ciclo superior de Dietética desprazáronse a Camariñas onde visitarons as instalacións que o grupo CEDEIMAR ten na localidade.


Seguindo coas actividades

O día 16 de abril celebrouse a segunda sesión do curso de primeiros auxilios no IES Punta Candieira de Cedeira.
Se o día 14 acudiron os estudantes dos ciclos de Instalacións eléctricas e automáticas e de Mantemento electromecánico, nesta segunda sesión estiveron as estudantes dos ciclos de Comercio e de Administrativo ademais dos estudantes da FPB.




O encargado de dar a formación foi Francisco José Teijido, xefe de estudos do instituto e profesor da familia de Sanidade, autor da web "Primeiros auxilios básicos" que se utiliza neste tipo de actos formativos.

martes, 14 de abril de 2015

Actividades diversas.

O día 14 de de abril se fixeron varias actividades:
  • O coordinador de trasplantes do CHUAC impartiu unha charla sobre trasplantes aos estudantes dos ciclos de Laboratorio de diagnóstico clínico, Dietética e Emerxencias sanitarias.

  • Docentes do IES Leixa desprazáronse ao IES Punta Candieira de Cedeira onde impartiron unha sesión de primeiros auxilios básicos aos estudantes de ciclos do centro cedeirés.


viernes, 10 de abril de 2015

Probas libres de ciclos LOE

Probas libres para obtención títulos FP (LOE). Curso 2014-2015 -
As probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Obxecto
A Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, establece no seu artigo 5 que todas as persoas deben ter a posibilidade de se formar ao longo da vida, e que o sistema educativo debe facilitar e as administracións públicas deben promover que toda a poboación chegue a alcanzar unha formación de educación secundaria postobrigatoria ou equivalente. Consonte o anterior, as probas libres teñen por finalidade permitir ás persoas participantes obteren directamente algún dos títulos de técnico ou de técnico superior de formación profesional, sempre que demostren ter alcanzados os obxectivos establecidos na citada Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, para a formación profesional, así como os fixados no currículo respectivo.

Relación de ciclos e prazas obxecto desta convocatoria

Requisitos das persoas solicitantes
Cumprir os requisitos de acceso establecidos no artigo 36º do Decreto 114/2010, do 1 de xullo, polo que se establece a ordenación xeral da formación profesional do sistema educativo de Galicia (para ciclos medios, ESO ou proba de acceso; para ciclos superiores, bacharelato da LOE ou da LOXSE, ou proba de acceso), e ademais:
– Ter 18 anos, para optar aos títulos de técnico
– Ter 20 anos, para optar aos títulos de técnico superior, ou 19 anos no caso de posuír xa o título de técnico
Malia o anterior, coa finalidade de facilitar a formación permanente, a integración social e a inclusión de persoas e de grupos desfavorecidos no mercado de traballo, se houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas dos módulos profesionais asociados a unidades de competencia do Catálogo Nacional de Cualificacións Profesionais as persoas adultas que, sen cumpriren as condicións de acceso, teñan acreditada:
– Experiencia laboral equivalente ao traballo a tempo completo de dous anos nunha actividade laboral directamente relacionada co sector profesional do ciclo formativo correspondente.
Con carácter xeral, non estar matriculado/a en ciclos formativos de formación profesional nin ter causado baixa no correspondente curso académico.
Excepcionalmente, no caso de que houber vacantes logo de resolto o proceso de admisión, poderán acceder á realización das probas as persoas matriculadas polo réxime de persoas adultas para a superación dos módulos profesionais do mesmo ciclo formativo, sempre que os teñan suspensos de cursos académicos anteriores e non se atopen matriculadas neles no curso académico de realización da proba.
Non estar en posesión dun título de formación profesional declarado equivalente ao correspondente título de formación profesional establecido ao abeiro da Lei orgánica 2/2006, do 3 de maio, de educación, obxecto da proba.

Lugar de presentación de solicitudes
As solicitudes de inscrición para participar nas probas libres de formación profesional presentaranse na secretaría de calquera centro público en que se oferten probas libres para a obtención de títulos LOE, malia que non sexa o centro elixido en primeira opción.

Documentación relacionada
  • Impreso de solicitude para as probas libres a ciclos formativos de formación profesional (anexo I)
  • Certificación da Tesouraría Xeral da Seguridade Social, do Instituto Social da Mariña ou da mutualidade laboral en que se teña afiliación, onde conste a empresa, o grupo de cotización e o período de contratación (vida laboral)
  • Certificación da empresa en que se adquirira a experiencia laboral, que reflicta especificamente a duración dos períodos de prestación de servizos, a categoría laboral, a actividade desenvolvida, o período en que se realizara a devandita actividade e os ciclos formativos relacionados (anexo II)
  • Se quen solicita xa ten módulos superados do ciclo formativo, deberá presentar a correspondente certificación acreditativa
  • Se ten 19 anos e un título de técnico, deberá presentar o depósito do título de técnico (só no caso de solicitar ciclos formativos de grao superior)
  • Se solicita adaptación da proba por recoñecemento de necesidades educativas especiais, xuntará o certificado do recoñecemento do grao de minusvalidez e ditame técnico facultativo
  • Impreso de solicitude de matrícula, que deberá presentarse logo de resultar admitido/a e durante o período establecido

Prazo de solicitude de admisión
Unicamente poderá presentar a solicitude de admisión quen cumpra os requisitos de acceso no período da inscrición.
O prazo de presentación de solicitudes de admisión é o seguinte (período ordinario): do 17 ao 30 de abril de 2015 ata as 13:00 h.

Calendario de admisión
Solicitudes: 
  • Presentación de solicitudes: do 17 ao 30 de abril ata as 13:00 horas
  • Listaxe provisional de solicitudes: 6 de maio
  • Reclamación contra a listaxe provisional: do 7 ao 11 de maio ata as 13:00 horas
  • Listaxe definitiva de solicitudes: 14 de maio
Adxudicación e matrícula:
  • Listaxe de persoas adxudicadas: 18 de maio
  • Matriculación: do 19 ao 21 de maio ata as 13:00 horas
  • Liberados: do 25 ao 29 de maio ata as 13:00 horas

Solicitudes de inscrición

Documentación e listaxes do procedemento de probas libres

Proceso de acreditación das competencias


Nomeados os asesores/as que actuarán no proceso de acreditación das competencias:

jueves, 9 de abril de 2015