jueves, 31 de julio de 2014

Obras de mellora durante o verán de 2014

Como é habitual, no verán de 2014 o IES Leixa abordará obras de mellora das instalacións así como reparacións e mantemento.
Obrigados pola incorporación de novos ciclos LOE é necesario facer algunhas modificacións nas aulas, talleres e laboratorios para mellorar as dotacións e adaptar estes espazos aos requirimentos das novas ensinanzas. Entre as principais obras de adaptación que se veñen facendo durante o mes de xullo e continuarán nos meses de agosto e setembro, destacamos as seguintes:

  • Mellora da aula de Montaxe. Neste caso vimos necesario mellorar esta aula para adaptala tanto ao ciclo de Preimpresión dixital como ao ciclo de formación profesional básica de Artes Gráficas.
  • Mellora no taller de Tintas Líquidas, un dos talleres máis deficitarios do instituto e que precisaba unha ampla remodelación.
  • Mellora da aula de Atención Domiciliaria. Se no curso 2013-2014 se fixeron pequenas adaptacións para o ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, durante o mes de agosto mellorarase esta aula construíndo un pequeno apartamento con habitación e servizo adaptado ademais doutras melloras.
Ademais destas se está a facer unha rehabilitación do salón de actos colocando un novo proxector máis potente, colocando máis cadeiras, limpando as cortinas e pintando todo o salón. Está previsto incorporar outro canón de proxección para dispoñer de dobre proxección.
Todas estas obras se fan con cargo aos orzamentos do propio centro e contando coa colaboración tanto do profesorado como do persoal non docente, que estiveron durante o mes de xullo traballando nas aulas, colocando mobles, instalando regletas, modificando a instalación eléctrica, ...




Recórdase tamén que no mes de agosto está previsto que a compañía de telecomunicacións R achegue ao centro un cable de fibra óptica para dotar ao instituto de conexión a internet de alta velocidade en substitución da conexión de radiofrecuencia que temos nestes momentos e que tantos problemas está a producir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario