jueves, 31 de julio de 2014

Estado da matrícula tras a 2ª adxudicación ordinaria

Rematado o período ordinario de matrícula tras a 2ª adxudicación ordinaria, a situación ás 17.00 horas do día 31 de xullo é a que segue.
Inclúense as vacantes que quedan para setembro no réxime ordinario.

CódigoCicloPrazasMatriculadosVacantes
CMARG02Preimpresión dixital25196
CMSSC01Atención a persoas en situación de dependencia28244
CM05002Impresión en artes gráficas25214
CM19001Coidados auxiliares de enfermaría51483
CMSAN02Farmacia e parafarmacia22220
  
CódigoCicloPrazasMatriculadosVacantes
CS05001Deseño e produción editorial24213
CS19003Dietética22211
CS19007Laboratorio de diagnóstico clínico2524 (*)1

CicloMóduloPrazasMatriculados
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0063 - Empresa e iniciativa emprendedora2221
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0053 - Loxística sanitaria en emerxencias2217
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0061 - Anatomofisioloxía e patoloxía básicas2217
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0057 - Evacuación e traslado de pacientes2220
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0055 - Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia2220
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0062 - Formación e orientación laboral2222
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0052 - Mantemento mecánico preventivo do vehículo2222
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0054 - Dotación sanitaria2217
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0056 - Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia2221
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0058 - Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia2220
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0059 - Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles2220
CMSAN01 - Emerxencias sanitariasMP0060 - Teleemerxencias2215
(*) Tras resolución dun recurso de alzada, a CCEOU decidiu admitir a unha persoa que fora excluída das listaxes por un erro administrativo.

Obras de mellora durante o verán de 2014

Como é habitual, no verán de 2014 o IES Leixa abordará obras de mellora das instalacións así como reparacións e mantemento.
Obrigados pola incorporación de novos ciclos LOE é necesario facer algunhas modificacións nas aulas, talleres e laboratorios para mellorar as dotacións e adaptar estes espazos aos requirimentos das novas ensinanzas. Entre as principais obras de adaptación que se veñen facendo durante o mes de xullo e continuarán nos meses de agosto e setembro, destacamos as seguintes:

  • Mellora da aula de Montaxe. Neste caso vimos necesario mellorar esta aula para adaptala tanto ao ciclo de Preimpresión dixital como ao ciclo de formación profesional básica de Artes Gráficas.
  • Mellora no taller de Tintas Líquidas, un dos talleres máis deficitarios do instituto e que precisaba unha ampla remodelación.
  • Mellora da aula de Atención Domiciliaria. Se no curso 2013-2014 se fixeron pequenas adaptacións para o ciclo de Atención a persoas en situación de dependencia, durante o mes de agosto mellorarase esta aula construíndo un pequeno apartamento con habitación e servizo adaptado ademais doutras melloras.
Ademais destas se está a facer unha rehabilitación do salón de actos colocando un novo proxector máis potente, colocando máis cadeiras, limpando as cortinas e pintando todo o salón. Está previsto incorporar outro canón de proxección para dispoñer de dobre proxección.
Todas estas obras se fan con cargo aos orzamentos do propio centro e contando coa colaboración tanto do profesorado como do persoal non docente, que estiveron durante o mes de xullo traballando nas aulas, colocando mobles, instalando regletas, modificando a instalación eléctrica, ...




Recórdase tamén que no mes de agosto está previsto que a compañía de telecomunicacións R achegue ao centro un cable de fibra óptica para dotar ao instituto de conexión a internet de alta velocidade en substitución da conexión de radiofrecuencia que temos nestes momentos e que tantos problemas está a producir.

miércoles, 30 de julio de 2014

Google Apps for Education

O IES Leixa engade as Google Apps para Educación como recurso pedagóxico.
Ao longo do curso 2014-2015, e utilizando o dominio propio iesleixa.es, os docentes do IES Leixa poderán utilizar moitas das Apps de Google como Calendar, Drive, Blogger, Docs e moitas outras de xeito compartido. Poderán crear usuarios/as para os estudantes, crear grupos, compartir información, ... e coa incorporación da nova aplicación ClassRoom poderanse facer aulas virtuais.


martes, 29 de julio de 2014

Formación profesional básica

A CCEOU informa que o IES Leixa ofertará para o curso 2014-2015 o ciclo de formación profesional básica de Artes Gráficas
Proximamente informarase dos prazos de admisión así como do desenvolvemento do ciclo.

Listaxes da 2ª adxudicación ordinaria de acceso a ciclos

Publicadas as listaxes da segunda adxudicación ordinaria de acceso a ciclos:

As persoas admitidas deben matricularse antes das 13.00 horas do día 31 de xullo ou perderán a praza adxudicada.

sábado, 26 de julio de 2014

La Voz de Galicia rastrea as webs e redes sociais de centros educativos para publicar novas.

Dende o IES Leixa é habitual enviar numerosas novas de prensa tanto a La Voz de Galicia como a Diario de Ferrol para dar conta das novidades, actividades e todas aquelas cuestións que teñan relevancia para o instituto. Sen embargo non sempre se publican as nosas notas de prensa sobre todo en La Voz de Galicia, polo que sempre é ben recibido que se fagan eco da nosa información sobre todo a que publicamos en Twitter, en Facebook e, dende hai uns días, neste blog.
A ver se cunde e somos máis asiduos en La Voz de Galicia.

Preme aquí para ver a nova no seu contexto.

viernes, 25 de julio de 2014

Programa CUALE

A CCEOU publicou o día 24.07.2014 a relación provisional de centros educativos aos que autoriza a posta en marcha de programas CUALE no curso 2014-2015.
Tras a experiencia do curso 2013-2014 no que o IES Leixa desenvolveu un programa CUALE de inglés, para o curso 2014-2015 solicitouse, ademais deste, un programa CUALE de Francés. A resolución provisional autoriza o desenvolvemento de ambos os dous programas.


Máis información sobre os programas CUALE na Web do IES Leixa e na web de Linguas Estranxeiras da CCEOU.

Estado da matrícula tras a 1ª adxudicación ordinaria

Rematado o período ordinario de matrícula tras a 1ª adxudicación ordinaria, a situación ás 22.00 horas do día 24 de xullo é a que segue (esta listaxe pode actualizarse ata o día 28 de xullo ao mecanizar matrículas xa realizadas pero pendentes de incluír na base de datos).

Código
Ciclo
Prazas
Matriculados
Repetidores
CMARG02
Preimpresión dixital
25
15
2
CMSSC01
Atención a persoas en situación de dependencia
28
21
3
CM05002
Impresión en artes gráficas
25
21
3
CM19001
Coidados auxiliares de enfermaría
51
43
1
CMSAN02
Farmacia e parafarmacia
22
19
0
 
Código
Ciclo
Prazas
Matriculados
Repetidores
CS05001
Deseño e produción editorial
24
14
2
CS19003
Dietética
22
18
0
CS19007
Laboratorio de diagnóstico clínico
25
20
3

Ciclo
Módulo
Prazas
Matriculados
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0063 - Empresa e iniciativa emprendedora
22
21
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0053 - Loxística sanitaria en emerxencias
22
16
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0061 - Anatomofisioloxía e patoloxía básicas
22
14
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0057 - Evacuación e traslado de pacientes
22
19
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0055 - Atención sanitaria inicial en situacións de emerxencia
22
18
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0062 - Formación e orientación laboral
22
16
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0052 - Mantemento mecánico preventivo do vehículo
22
20
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0054 - Dotación sanitaria
22
15
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0056 - Atención sanitaria especial en situacións de emerxencia
22
20
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0058 - Apoio psicolóxico en situacións de emerxencia
22
18
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0059 - Plans de emerxencias e dispositivos de riscos previsibles
22
18
CMSAN01 - Emerxencias sanitarias
MP0060 - Teleemerxencias
22
10

miércoles, 23 de julio de 2014

Calendario de exames de setembro

Consulta o calendario de exames de setembro de bacharelato.



¿Solucións á conexión a internet do instituto?

Parece que se abre unha porta.

Xestión de redes informou ao instituto que a compaña R tiña previsto efectuar o canleado de fibra óptica ao instituto no mes de agosto ou principios de setembro.

Se é así, comezaremos o curso cunha mellora substancial da velocidade de conexión a internet e poderemos esquecer a nosa actual conexión por radiofrecuencia que, no mellor dos casos, dános velocidades de 20 Mb. Aínda que en principio podería parecer suficiente, un instituto que ten case 300 ordenadores precisa velocidades moito máis altas. En canto se conectan un par de aulas de informática (60 ordenadores), a velocidade dispoñible baixa a 3 ou 4 Mb e faise imposible a navegación.

As nosas actuais aspiracións de utilización da aula virtual ou de recursos de rede están tremendamente limitadas, pero este anuncio de canleado dános esperanzas e abre as portas á utilización de recursos que agora son impensables.

En canto saibamos algo máis daremos conta das novidades.

A xustificación de faltas no IES Leixa

No curso 2013-2014 se deron varias circunstancias que abriron un debate sobre a execu´ción da perda do dereito á avaliación continua, sobre todo naqueles estudantes de ciclos que están a traballar e compaxinan o traballo cos estudos, moi frecuente noc aso do réxime de adultos.

Así que se decidiu abordar cambios no noso regulamento de réxime interior (agora chamado normas de organización e funcionamento) e se fixo unha proposta a Claustro e Consello Escolar, quedando como segue:

12. FALTAS DO ALUMNADO

1. Control de asistencia: Ningún alumno/a pode ser relegado do seu dereito de asistencia a clase agás nos casos contemplados nas Normas de Convivencia do centro. Se un alumno/a chega tarde a unha clase deberá ser admitido/a, facendo constar o profesor/a dita falta de puntualidade que, en todo caso, debe ser xustificada.

O control de asistencia será feito polos/as docentes correspondentes, contando para iso cun libro docente no que farán constar as faltas de asistencia e/ou puntualidade dos/as estudantes.

Cada un/ha dos docentes debe introducir as faltas de asistencia dos/as estudantes na aplicación XADE debendo actualizar as de cada mes nos primeiros cinco días do seguinte mes. O titor/a é o responsable de comunicar as faltas aos pais/nais/titores/as dos/as estudantes polo menos unha vez ao mes.

2. Xustificación: Todos os/as estudantes teñen a obriga de xustificar as súas faltas de asistencia e puntualidade.

A xustificación poden facerse polos seguintes motivos:

  • Nacemento dun fillo/a: No caso da nai, xustificarase a ausencia ata un mes a partir do día de nacemento, debendo os/as docentes establecer cantas medidas de reforzo se consideren oportunas para o correcto seguimento da formación da estudante. Cando a ausencia supere este mes, a estudante debe valorar a posibilidade de renuncia xa que se podería aplicar a baixa de oficio. No caso do pai, a ausencia non poderá superior aos 5 días lectivos.
  • Morte ou enfermidade grave de familiar de 1º ou 2º grao: Acompañarase copia de informe médico de ingreso, ou semellante, no caso de enfermidade, ou documento acreditativo do falecemento. A ausencia por estes motivos non pode ser superior a cinco días lectivos.
  • Enfermidade: Debe xustificarse cun parte de asistencia a consulta médica ou cun informe asinado polo pai, nai ou titor/a do estudante, en caso de menores de idade. En ningún caso se pode esixir ao/á estudante a presentación dun certificado médico oficial para xustificar unha falta de asistencia por enfermidade. Cando as ausencias por enfermidade sexan reiteradas ou se produza un ingreso hospitalario por máis de 15 días e ata un mes, os/as docentes valorarán a necesidade de poñer actividades de reforzo para o correcto seguimento da formación do estudante. Os ingresos hospitalarios por máis de un mes deberán ser valorados polo equipo docente aos efectos de recomendar unha renuncia ou aplicar a baixa de oficio, para o que se deberán ter en conta a patoloxía, a marcha do/a estudante e as posibilidades de recuperación formativa.
  • Exames de conducir, oposicións, etc: Débese traer un xustificante de presentación ao exame. Só será xustificable a ausencia do día do exame ou proba.
  • Asunto oficial, como convocatoria de autoridades (incluída a renovación ou tramitación do DNI), mesas electorais, INEM, etc: Debe acompañarse documento oficial acreditativo.
  • Cursos de formación complementaria de obrigada asistencia(1): Presentación do documento de admisión que incluirá os días e horas en que ten lugar o curso.
    • En ningún caso admitirase xustificación por cursos de formación complementaria de obrigada asistencia nos estudos de bacharelato.
    • Na formación profesional, a ausencia por asistencia a cursos de formación complementaria de obrigada asistencia non pode ser superior a 8 sesións á semana por máis de 6 semanas.
    • O número máximo de faltas que se poden xustificar por asistencia a cursos de formación complementaria para cada un dos módulos será do 5 % das horas totais dese módulo. Superado este 5 % todas as faltas consideraranse como non xustificadas aos efectos da perda do dereito á avaliación continua.
  • Actividades laborais(1): Dadas as características do réxime presencial e como norma non se aceptarán como xustificación de ausencia a clase motivos laborais. Non obstante, naqueles casos en que exista un contrato laboral e as ausencias do alumnado sexa parcial (a algunhas clases á semana), teranse en conta as seguintes consideracións na xustificación destas ausencias por motivos laborais:
    • En ningún caso admitirase xustificación por situacións laborais nos estudos de bacharelato.
    • Na formación profesional, a ausencia por motivos laborais non pode ser superior a 8 sesións á semana por máis de 6 semanas.
    • O número máximo de faltas que se poden xustificar por motivos laborais para cada un dos módulos será do 10 % das horas totais dese módulo. Superado este 10 % todas as faltas consideraranse como non xustificadas aos efectos da perda do dereito á avaliación continua.

A xustificación de faltas debe facerse no modelo x002 que se recollerá polos alumnos/as en conserxería ou a través da páxina web do instituto, dispoñendo dun prazo máximo de 2 días para presentalo logo da incorporación ás clases.

Para xustificar as faltas o alumno/a presentaralle a cada un dos profesores/as aos que se faltou o modelo x002 citado anteriormente xunto cos documentos acreditativos, se fose o caso. Finalmente deberá entregarllo ao titor/a para o seu arquivo.

Cando un alumno/a teña previsto faltar ás clases por un período de tempo superior a 3 días debe comunicalo, preferiblemente por teléfono, ao seu titor/a ou, no caso de non estar presente o titor/a, á dirección.

O seguimento e xustificación das faltas dos alumnos/as será feito polo profesor/a que a puxo.

(1) Aos efectos de xustificación de faltas, considérase incompatible a inasistencia simultánea ou non por cursos de formación e actividades laborais.

 

A aplicación da LOMCE e a FPB

Galicia é unha das Comunidades Autónomas que decidiu seguir os ditados do goberno central e aplicará o calendario da LOMCE.

Iso supón que para o curso 2014-2015, que xa se puxo en marcha en canto a admisión de estudantes, verá o nacemento na nosa Comunidade da formación profesional básica (FPB) en sustitución dos antigos programas de cualificación profesional inicial.

Pero a estas alturas aínda non se regularon. O goberno galego está tratando de deseñar a FPB con presas e as presas non son boas conselleiras. Poñer en marcha uns estudos que tratan de “recuperar” para o sistema educativo e formativo aos estudantes que non foron quen de rematar a ESO merece facelo con xeito e iso é incompatible coas presas.

Os centros educativos estamos a velas vir. Non sabemos como se vai facer nin os prazos de admisión e matrícula; non sabemos se se van axustar as plantillas de docentes; non sabemos como preparar os espazos; non sabemos se imos ter dotacións…

Continuamente estamos a recibir chamadas pedindo información. Nais e pais desesperados que non saben que facer cos seus fillos e fillas chaman e non lles podemos dicir nada, porque non sabemos nada.

Así que toca esperar. Mirar todos os días o Diario Oficial de Galicia para ver se se publica o Decreto que regula a FPB.